AIM PAPYREntrar
Licitacións

Biblioteca cifrada

Os CV do teu equipo, os teus certificados, as memorias doutras licitacións: gárdaos unha vez e úsaos en cada memoria guiada e no avaliador. O teu navegador cífraos coa túa frase antes de enviar; aquí só chega o cifrado, e o que chegue sen cifrar rexéitase. Nin nós os podemos ler.

Cifrado AES-256-GCM cunha chave que o teu navegador saca da túa frase (PBKDF2-SHA256, 600.000 voltas). A frase non sae do teu navegador. Cando usas un documento nunha memoria, o teu navegador descífrao e envíao con esa petición, como calquera ficheiro que subas: lese mentres dura e non se garda en claro. O cifrado vive nun único disco e non entra nas nosas copias de seguridade: garda tamén os teus orixinais.